21.12.08

a animación é un valor seguro do audiovisual galego

Tres películas galegas compiten polo Goya á mellor animación

A animación é un valor seguro do audiovisual galego. A relación de candidatos á VIII edición dos premios Goya non fixo máis que confirmalo. Tres das catro longametraxes finalistas son galegas: O espírito do bosque de Dygra Films, Donkey Xote de Fílmax e O lince perdido de Perro Verde Films.
A isto engádeselle a candidatura da curtametraxe de animación O ataque dos kriters asasinos producida por IB Cinema.

A Academia Española de Cinematografía deu a coñecer hoxe os finalistas, nos que sobresae Os xirasoles cegos. A película de Jose Luis Cuerda, rodada en Galicia que contou co apoio económico de Sempre Cinema (sociedade formada pola Xunta e Caixa Galicia), conta con 14 candidaturas.

Entre elas destaca a dos actores Martín Rivas e Jose Ángel Egido, quen pode conseguir o seu segundo Goya. Os gañadores saberanse no trancurso dunha gala que terá lugar o 1 de febreiro en Madrid.

19.12.08

Ben falado

Ben falado! é un microespazo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega, dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal. Ben falado! é como un prato combinado, pois o telespectador accederá a explicacións do seu apelido e do nome do lugar onde vive; a curiosidades léxicas, gramaticais e ortográficas; ao sentido de ditos e refráns. Este espazo reflicte como se move a lingua nos colexios, nos institutos, nos movementos xuvenís, nas empresas, na Internet. Tamén amosa o que foi a lingua galega na Idade Media e o que é hoxe nun contexto internacional: novas tecnoloxías como tradución automática, a síntese de voz, o mundo dos blogs, o Punto Gal, as televisións escolares en galego, etc.

Música galega e poesía

15.12.08