19.12.08

Ben falado

Ben falado! é un microespazo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega, dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal. Ben falado! é como un prato combinado, pois o telespectador accederá a explicacións do seu apelido e do nome do lugar onde vive; a curiosidades léxicas, gramaticais e ortográficas; ao sentido de ditos e refráns. Este espazo reflicte como se move a lingua nos colexios, nos institutos, nos movementos xuvenís, nas empresas, na Internet. Tamén amosa o que foi a lingua galega na Idade Media e o que é hoxe nun contexto internacional: novas tecnoloxías como tradución automática, a síntese de voz, o mundo dos blogs, o Punto Gal, as televisións escolares en galego, etc.