22.9.07

o noso cinema en Donostia



Tres filmes galegos no Festival de Donostia
De profundis e Unha muller invisible, de Continental, e Bolboreta, mariposa, papallona representan o cinema do país no festival de Cinema de Donostia, que este ano cumpre a súa 55º edición
e agora desfruta coas imaxes do filme de Miguel Anxo Prado. Este é o trailer definitivo da película de animación: unha historia de amor nas costas galegas cheas de poesía.

21.9.07

benvidas as galescolas

Picariños, Cativos, Pequerrechos, Meniños, Rapaciños, Pillabáns, Brincos, Enredos, Ruliña…Todas eles nomes no noso idioma para lle chamar á escolas infantís. Porén, en moitos deles (agás excepcións), o cultivo do galego na relación coas crianzas era (e aínda o é) inexistente. Parece que buscan un nome en galego para transmitir confianza, mimos, coidados... pero axiña desaparece cando entras no recinto escolar.

Agora xa podemos comezar a nosa vida escolar (de 0 a 3 anos) nunha escola infantil pública normalizada, Benvidas as galescolas! Un proxecto necesario e positivo. Hai un total de 37 galescolas na provincia da Coruña, 21 no caso de Lugo, 26 en Ourense e 37 na provincia de Pontevedra. En total suman 121 centros .

para non esquecer o verán


Aquí está Sacha na Horta co seu ema Biocultivos. Son un grupo de mulleres de compostela que conseguiron o primeiro premio no concurso da canción do verán A polo ghit! que organiza por segundo ano Vieiros.



LETRA:

Umha porta a outro mundo, / sempre aberta para entrar / Umha viagem polas hortas / sem mover-te do lugar. / Busca forças no caminho / nom te deixes apagar. / Arma-te con vinho e canha / e começa a cantar... / Vivo na terra do sol / aínda que chova aquí vai calor / Vive na terra do Sol / nom é Marbella nin Benidorm! / Venha lume de lareira / e fogueiras no San Joam. / Nom é lume de caciques / nin de montes para queimar! / É a luz que che abre os olhos / e que anima a espertar. / É o calor que che dá folgos / para os teus sonhos cultivar. / Vivo na terra do Soll / aínda que chova aquí vai calor / Vive na terra do Sol / nom quero um piso en Marinha d’Or! / De Janeiro a Dezembro / coma se fora veram / busca o sol por entre a pedra / da Galiza tropical. / Prende lume nas conciências, / temos moito que queimar. / Inventos capitalistas / Que nos querem anular. / Vivo na terra do Sol / Aínda que chova aquí vai calor / Vive na terra do Sol / venhas de Xinzo ou de Nargó!

outra vez por aquí

Moitos rapaces e rapazas comezan neste mes o curso escolar. Cada un exprésao á súa maneira. Hai moitos idiomas no mundo e cada un deles ten o seu lugar. No teu lugar, aquí, o galego. Se non o falas algún día desapareceremos deste cartaz.