Picariños, Cativos, Pequerrechos, Meniños, Rapaciños, Pillabáns, Brincos, Enredos, Ruliña…Todas eles nomes no noso idioma para lle chamar á escolas infantís. Porén, en moitos deles (agás excepcións), o cultivo do galego na relación coas crianzas era (e aínda o é) inexistente. Parece que buscan un nome en galego para transmitir confianza, mimos, coidados... pero axiña desaparece cando entras no recinto escolar.
Agora xa podemos comezar a nosa vida escolar (de 0 a 3 anos) nunha escola infantil pública normalizada, Benvidas as galescolas! Un proxecto necesario e positivo. Hai un total de 37 galescolas na provincia da Coruña, 21 no caso de Lugo, 26 en Ourense e 37 na provincia de Pontevedra. En total suman 121 centros .