"Non temos constancia de que haxa ningunha queixa ao respecto". Esta
adoita ser unha das respostas máis recorrentes que os grupos
parlamentarios adoitan recibir da Xunta cando tentan obter explicacións a
respecto da exclusión da lingua galega nalgún ámbito ou sobre a
imposibilidade de facer uso normal do idioma propio. Así e todo, de
cando en vez a Secretaría Xeral de Política Lingüística vai alén dese
xeito de
pechar eventuais conflitos e, ante consultas desta caste, si
ofrece máis explicacións. É o que vén de suceder a raíz dunha pregunta
parlamentaria que cuestionaba o Executivo sobre a ausencia do galego en
certos trámites admininistrativos da Deputación da Coruña e que forzou o departamento que dirixe Valentín García a ter que lembrarlle á institución coruñesa o rango legal da lingua.