Matilde e Benigno uns dos participantes no proxecto de Ponte na fala
Fantástico o proxecto de recuperación da tradición oral que acaba de
comezar parroquias do Concello de Ponteceso. Un proxecto, “Ponte na
fala”, que ademais ten unha clara compoñente 2.0 pois recollerá todo ese
saber tradicional a través da rede, no seu espazo web pontenafala.wordpress.com.
De aquí ao outubro a Concellaría de Normalización Lingüística e
Cultura do Concello de Ponteceso, coa financiación da Secretaría Xeral
de Política Lingüística da Xunta de Galicia, seguirá recuperando saber
oral. Polo de pronto xa podemos escoitar a Matilde e Benigno, da Limiñoa, que nos conta un curiosa proba de enxeño que podedes intentar descubrir…
Así, a lista de colaboradores non está pechada, e o Concello, a
través das asociacións, percorrerá o termo municipal para ir colleitando
saberes e falares.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Ponteceso.