18.6.18

As nosas avoas: Daniel Lago

A miña avoa chámase Marisol Lema lois e naceu en Moraime (que vivíu sempre alí), un pobo casi insólito a carón de costa. Os seus pais adicábanse a o traballo na terra mentres que ela facía as tarefas da casa  coa súa nai. Ela coñeceu ao meu avó (o seu único noivo) cando el empezou a traballar. El pasaba por Moraime e a avoa compraballe a mercancía. Para ela, o seu traballo ideal serían os labores da casa porque ela sempre traballou aí. Ela cando ía a escola non lle daban as notas,as clases eran unha vivenda con a mesa do profesor e cos pupitres, no recreo, xogaba es bonecas e as casiñas e para quedar coas súas amigas tiña que quedar con elas no recreo pero só estivo ata os 12 anos. De pequena a súa comida favorita era a tortilla de patacas, pero agora, é o caldo galego. Ela empezou a saír aos 15 anos. A súa primeira viaxe fora de Galicia foi con 20 anos, a Madrid e lle pareceu moi grande. Ela tiña un irmán que morreu. Miña avoa nunca foi castigada por algo e bota de menos as reunións familiares. Cando foi o día da súa voda e só foi unha comida, non foi ningunha celebración enorme.