18.6.18

As nosas avoas: Cristian Barreiro


A miña avoa chamasé Pilar. Naceu no Barco de Valdeorras (OURENSE).
A súa casa tiña dous pisos, unhas escaleiras bastante empinadas, unha bodega, un lavadoiro e unha parra que daba unhas uvas moi saborosas.A súa nai case non a recorda por que morreu cando era nova,o seu pai obrigáballe a comer caldo de leituga porque non había moita comida xa que era despois da guerra e traballaba nunha empresa de carburos.Gustáballe moito cando era pequena xogar a billarda,a mariola,e a comba.Cando era pequena fixo unha trasnada,que foi o seu pai deulle cartos para queixo e foi a comprar gominolas e como non,a castigaron.Tiveron unha soa mascota que era un gatiño.Enamoróuse unha soa vez do meu avó.Conocéuno cando estaba dirixindo tráfico en San Andrés (policía).Casouse con 19 anos.O seu día mais feliz foi cando casou e cando tivo as súas fillas e aos seus netos.Gustáballe moito ir ao colexio.Estudaba o manuscrito e facían contas.Acordase dunha profesora que era moi boa,pero non recorda o seu nome.Empezou a traballar con 15 anos.O seu emprego era nunha mercería.Viviu en 3 sitios Barco de Valdeorras,Begonte e na Coruña.Gustaríalle  moito ir a México.O seu viaxe mais lexano foi a Barcelona.Na súa xuventude estaba de moda as romarías no verán facían o mesmo que en inverno agás ir a praia.O seu aparato electrónico favorito era o televisor,o seu programa favorito e Sálvame.O seu cantante favorito era Manolo Escobar.Quere que a recorden como boa persoa.