6.6.17

RTVE non utiliza o galego na recepción de mensaxes telefónicas

"Si quiere la atención en castellano pulse 1. Si quiere la atención en inglés pulse 2. Si quiere la atención en catalán pulse 3".
Así é como recebe o contestador da Radiotelevisión Española (RTVE) a quen chama ao ente para solicitar información. Parabéns para os cataláns, que son un dos poucos pobos sen estado que traballan a cotío para normalizar a súa lingua, á que coidan e agariman coma se fose unha filla ou unha nai. Non como outros!
Pero, que acontece con nós? Cos galegofalantes e os galegopensantes (que algún queda). Inda non se engalanou ningunha cidade ou vila galega con bandeiras reclamando o mesmo trato? Ou é que os nosos políticos non telefonan xamais á RTVE, aínda que só sexa para preguntar polo pronóstico do tempo. Ou para solicitar que lles fagan unha pequena interview.

Ler máis en cartas ao director Faro de Vigo