2.6.17

A Coruña recupera a toponimia oficial para as súas rúas con 34 anos de atraso

Con 34 anos de atraso, desde que en 1983 se aprobara a Lei de Normalización Lingüística. Máis de tres décadas despois, A Coruña comeza a adaptar o seu rueiro á toponimia oficial, retirando varias placas que empregaban denominacións deturpadas para referirse a varias localidades galegas en diferentes rúas da cidade.