2.12.16

Exposición de banda deseñada. BDG70: A revolta do cómic galego. Centro cultural Normal da Universidade da Coruña.


A mostra BDG70: a revolta do cómic galego xorde como resultado da investigación realizada en 2015 por Xulio Carballo para a súa tese de doutoramento sobre a banda deseñada galega. Esta exposición quere pór de relevo a gran cantidade de artistas que, aínda en período ditatorial, canalizaron o seu pensamento antiautoritario e artístico a través dun medio aínda marxinal, o cómic, e dunha lingua pretendidamente marxinalizada, o galego. A riqueza e variedade temática, das técnicas artísticas e dos diferentes formatos empregados non deixarán indiferente o visitante, que con certeza vai poder mergullarse na historia política e social dos anos setenta por medio da novena arte.
http://istoenormal.org/gl/tag/banda-dese%C3%B1ada/