21.9.16

Proxecto APEGO

Milleiros de familias de 23 concellos incorporan o galego á crianza das súas fillas e fillos a través do proxecto Apego

 Impulsado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), o proxecto puxo en marcha toda unha serie de medidas para facilitar a transmisión da lingua galega á infancia de entre 0 e 6 anos e a súa socialización nela. Tras o pulo dos once concellos fundadores (A Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago e Vigo), doce máis uníronse no pasado abril (A Coruña, Ames, Mazaricos, Moaña, Muros, Oleiros, Ponteceso, Rianxo, Ribadeo, Teo e Vimianzo).