5.3.16

Mostra de cineastas galegas para conmemorar o Día da Muller


O programa desta mostra inclúe o visionado de seis traballos de distinta temática, que teñen en común o estar dirixidos por cineastas. Así, Alexia Muíños presenta Asuntos Domésticos; Xisela Franco mostrará Cruz Piñón; Virginia Curía mostrará Cuida el agua, unha peza que realizou xunto Tomás Conde; Olga Osorio proxectará a peza de ciencia ficción Restart; Olaia Sendón, Mijau; e Sonia Méndez, Conversas cunha muller morta.