24.2.16

CINEFORUM NA CORUÑA_

Dani de la Torre (Monforte, 1975) volve este domingo á Coruña co seu primeiro filme, que é tamén o seu primeiro gran éxito. Tras gañar dous Goya e pasar por festivais de sona mundial como Donosti, Nantes ou Amsterdam, El desconocido proxéctase este domingo, 21 de febreiro, no coruñés Teatro Rosalía de Castro (19:00, de balde), onde o filme estará acompañado por un cinefórum no que o público terá a oportunidade de formularlle preguntas ao director.
Coa fita xa vendida en vinte e cinco países, De la Torre admite que "nunca soñara" ter "tanta transcendencia cunah primeira película, nin sendo moi optimista". "Imos ir aos poucos", afirma de cara ao futuro, se ben tamén tira a lección de que é posible realizar, dende Galicia, filmes de acción ao máis alto nivel e competir en igualdade de condicións con outras cinematografías de orzamentos moito maiores.