27.5.15

Aberta a inscrición para o "Obradoiro de nanas. Arrolos de salitre"


Pequeno obradoiro de nanas para que as nais e os pais con bebés de 0 a 3 anos e futuras/os nais e pais aprendan algunha das melodías tradicionais para adormentar os seus bebés.
Impartido polo músico Xabier Díaz (de Berrogüetto e aCadaCanto) que, entre outros proxectos, publicou hai catro anos o exitoso disco Arrolos de salitre, un álbum que contén precisamente 11 cantos de berce en galego.