13.5.15

A presentación do servizo público en galego como dereito fundamental


Por Luís Villares Naveira
Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Non é que o diga eu, senón o Parlamento Galego, que vén de aprobar a CARTA GALEGA DOS SERVIZOS PÚBLICOS (Lei 1/2015) e recolle así o mandado do art. 41 da Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea.
Aínda que pasase desapercibida, a Lei de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración, declara por enésima vez nun texto legal o dereito de todas e todos a:
- recibirmos atención na nosa propia lingua (dereito subxectivo do particular, non limitado pola dispoñibilidade de quen nos atenda) e
- que o galego sexa a lingua normal e preferente na prestación do servizo público (deber de oferta positiva derivado dos mandados legais de normalización lingüística).
Le+