11.3.15

PRÓXIMO ESPECTÁCULO


Se o tempo o permite, os galegos seremos uns privilexiados para observar o vindeiro 20 de marzo unha eclipse total solar, que aínda que parcialmente, se poderá ver aquí cunha importante magnitude. De feito, Galicia será o mellor punto da Europa continental para velo, entre as 9:05 e as 11:18 horas. Vaian gardando sitio, porque non verán outra eclipse igual até dentro de once anos.