6.3.15

Núñez Singala ofrece un concentrado de narracións que inclúe, en pouco máis dun cento de páxinas, catro volumes diferentes: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Unha mestura de sociolingüística, filosofía fonda sobre o mundo e nós en relación con el, humor ben entendido e tamén certas doses de amor propio ás que nunca deberiamos renunciar.
 Tanto a quen coñeza outras obras do autor coma a quen non, dan ganas de dicirlles : pasen e lean!