12.3.15

A partir de mañá sábado no Museo de Lugo

En Galicia hai uns 3.000 núcleos de poboación sen habitantes, a metade das aldeas deshabitadas de todo o Estado. É a realidade da que parte Os camiños da brétema, un proxecto "fotopoético" apoiado no traballo de 18 escritoras e escritores e mais nas imaxes do fotógrafo cántabro residente na Pontenova Vicente Ansola.