17.2.15

Os medios en castelán reciben nove veces máis cartos da Xunta que os xornais en galego

Os medios membros da Amega denuncian"a desidia da Xunta para coa defensa do uso do galego no eido da comunicación ante a pasividade das administracións públicas" e esixen a necesaria transparencia no reparto de axudas aos medios de comunicación, así como as campañas publicitarias institucionais.
Tamén reclaman que as axudas á promoción do galego recalen, na súa medida, nos medios que facemos do galego a nosa identidade.
Máis información