23.2.15

Isto é a vida pai: marisco, viño e deseño

Con esta idea como punto de partida, o estudo madrileño Chichinabo Inc. e a tenda online de marisco galego Sal y Laurel lanzan á venda unha colección limitada e artesanal de cuncas de viño para homenaxear aos obxectos estrela das tabernas galegas. Un coidado packaging inspirado nas redes de pesca garda no seu interior catro unidades que ilustran artes empregadas nas rías galegas desde hai centos de anos, como son a nasa, as redes, as ferramentas manuais e o mergullo a pulmón.