22.2.15

Este libro-disco fair que movamos as pernas e o corazón.



Rapoemas é un libro-disco da rapeira Aid no que se musican os grandes clásicos da literatura galega. Nunca antes se escoitara a Rosalía ou a Curros cantados desta maneira. A sorpresa é grande, e a calidade musical tamén. Xa que logo,Rapoemas é unha viaxe que vai dende o século XIX, cando foron escritos moitos destes textos que tan ben coñecemos, ata este século XXI cheo de ritmos novos.