1.2.15

Ánxela Ruíz Robles, tecnoloxía aplicada á didáctica

A súa constante inquedanza didáctica e pedagóxica levouna a camiñar pola senda da inventiva. Neste eido, deseñou a máquina taquimecanográfica, un mapa e atlas lingüístico gramatical e unha enciclopedia mecánica, cos que obtivo abondosos recoñecementos e premios nos certames celebrados nas cidades de Zaragoza, Xixón, Barcelona, Madrid, París e Xenebra.