16.1.15

Un referente: Isidro Parga Pondal

“Foi probablemente o científico galego máis importante do século”. Así define o historiador Ricardo Gurriarán a Isidro Parga Pondal, o xeólogo nacido en Laxe en 1900, expulsado da universidade en 1936 e que mesmo así desenvolveu nas décadas seguintes unha brillante carreira investigadora, converténdose nun referente do seu campo en toda Europa e levando a cabo, ademais, unha notable actividade empresarial a partir da explotación de minerais que localizara no subsolo galego.