27.1.15

70º aniversario da edición de Sempre en Galiza


#sempreenGZ é unha iniciativa para difundir a obra cimeira do pensamento político de Daniel A. Rodríguez Castelao. Hai 70 anos, o seu libro Sempre en Galiza presentábase no Prince George Hall de Bos Aires e desde entón convertiríase nun libro senlleiro que marcaría a visión colectiva da sociedade, da cultura e da historia de Galicia.