20.12.14

O APALPADOR VÉN DE CAMIÑO


Desde as montañas do Courel en que vive, achégase a aldeas, vilas e cidades nos dias 24 ou 31 de decembro á noitiña, para apalpar as barriguiñas dos pequenos e comprobar se comeron ben ao longo do ano. Cando xa é de noite, caladiño, apalpalles o ventre e, se as súas barrigolas están cheas, musítalles aos oídos: “Así, así esteas o ano todo” e, se polo contrario, aprecia que teñen a barriguiña baleira, marcha preocupado e déixalles unha presada de castañas.