18.12.14

Vouvos contar unha historia triste...

Contacta comigo unha xornalista para me entrevistar pola publicación do poemario “Remontar o río”. Á hora prevista, chámame por teléfono, saúdame moi amable, dime o tempo de que dispomos e avísame:
-A entrevista vai ser en castelán.