6.12.14

O galego segue perdendo terreo, aínda que recupera falantes monolingües

Hoxe fixéronse públicos os datos sobre coñecemento e uso do galego da Enquisa do IGE-2013. Máis galego ou só galego 51%, máis castelán ou só castelán 48%. Sen dúbida o máis preocupante é a perda de falantes habituais entre 5 e 14 anos, a baixada é de case 11 puntos con respecto a 2008. Nesta ligazón atoparedes toda a información que require dunha análise máis demorada. Non deixa de ser curioso que se difunda a enquisa un venres de ponte de decembro.