18.11.14

Xuíces galegos que evitan o galego

En Galicia a administración de Xustiza segue falando case exclusivamente en castelán. As resolucións que se ditan no idioma propio ao longo do ano xudicial non acadan o 7%, pese a que en torno ao 90% dos xuíces e maxistrados que exercen na comunidade autónoma son do país, segundo datos aportados polo xuíz Hermo Costoya.