Nesta nova entrega analízase as consecuencias negativas que para o
galego ten o Decreto do Plurilingüismo catro anos despois da súa aprobación e
non nos esquecemos da grande estafa en que se está a converter a
Política Lingüística oficial. Ademais, a orientadora Mª Dolores González
Piñeiro fálanos de "educar nas emocións" e a psicopedagoga Lines
Salgado subliña a importancia da "Hora de Ler". Así mesmo, Gracia
Santorum animános, coma sempre, a ler e a escoitar, e desta volta tamén a
percorrer e sentir a ameazada Fraga de Catasós de Lalín.