5.11.14

O "Ulises" de Joyce en galego consegue o Premio de Tradución do Ministerio de Cultura

O xurado destaca a calidade da tradución ao galego do texto en inglés

O Premio do Ministerio de Cultura para a tradución ao galego do Ulises de Joyce súmase aos outros galardóns que o traballo de anos da equipa formada por María Alonso Seisdedos, Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle recibiu desde que o libro saíu publicado na editorial Galaxia. A totalidade dos premios para traducións publicadas en libro no 2013 caeron na magna obra, un esforzo inmenso nun momento no que o mundo editorial está a recuar na publicación de tradución tamén pola redución do apoio institucional.