25.11.14

O GALEGO VENDE

O galego vende, e por iso esta fin de semana as salas de cine estaban cheas con motivo da estrea da película dirixida por Ignacio Vilar, A Esmorga, baseada na gran novela de Eduardo Blanco Amor. Esta cinta, en galego, logrou con 35 copias ser a segunda mellor recadación media por cine de toda España, polo que, segundo os entendidos, só nesta fin de semana pode facturar 100.000 euros.
Máis información