28.11.14

O Dominio .GAL entra na Fase Aberta o 2 de decembro


A Asociación PuntoGal presentou esta mañá na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (Universidade de Vigo) a Fase Aberta do dominio .GAL.
Despois das fases previas e con cerca de 1000 dominios, o día 2 de decembro ábrese o dominio sen ningún tipo de restrición a toda a cidadanía. Quen queira promover a súa marca ou destacar o valor engadido do seu produto, promover a cultura galega ou destacarse coa referencia ó noso na internet xa ten a súa oportunidade. Ese mesmo día estarán activos todos os dominios solicitados nas fases Abrente e Carreira que cumpran coas esixencias establecidas.