19.11.14

BRAVÚ XX ANIVERSARIO



Para lle pór o ramo ao XX Aniversario do Bravú, como ben di a xente deRadiofusion.eu, A Coruña acolle a Semana Bravú, desde o pasado luns e até o fin de festa co concerto deste sábado 22. Hoxe, mércores, charla sobre a nosa cultura e industria cultural, mañá, percorridos pola música bravú e pola música coruñenta. O venres haberá unha homenaxe ao pintor Xaime Cabanas e o sábado, Sesión Bravú no Garufa, cos Diplomáticos, os Papaqueixos, As Garotas de Ribeira, Pinto d’Herbón e Marisol Manfurada.