Ollos de aula. Nº16
O primeiro número dun novo curso
Chegou un novo curso e con el o outono, e co outono un novo número de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado.Nesta primeira entrega, Mª Montserrat Carrasco Rodríguez, profesora de
CC.EE. da UDC, aborda a creación dos hábitos de traballo nos nenos/as,
mentres que o inspector Fernando Carrasco Mera analiza os cambios
inminentes que introduce a LOMCE. Pola súa banda, a psicopedagoga Lines
Salgado presenta a aprendizaxe por proxectos, unha metodoloxía moi
interesante para introducir nas aulas. E, por suposto, non faltan á cita
as atractivas propostas lectoras que nos fai Gracia Santórum nas súas
"Cadencias”. Agardamos que estes contidos sexan do voso interese e das
familias, de aí que coma sempre vos animemos a distribuíla na vosa
comunidade educativa e no contorno dos vosos centros.