A Illa de San Simón serviu de escenario para entregar os premios que recaeron en María Reimóndez,
Ledicia Costas e Eduardo Santiago.
María Reimóndez |
O xurado decidiu que María Reimóndez levase coa súa obra Dende o conflito o trixésimo primeiro Premio Xerais de Novela. Intérprete e tradutora de profesión e activista no ámbito do feminismo e
da cooperación, Reimóndez conta nesta novela a historia de Saínza
Combarro, unha xornalista que cobre conflitos bélicos para a BBC e que,
destaca o xurado, "vive en carne propia o dilema de optar entre o
cinismo e a resignación á hora de relatar o que ve". "Dende o conflito
rende homenaxe a aquelas mulleres xornalistas que souberon poñer a
verdade dos conflitos bélicos por riba de todo", mesmo "da súa propia
seguridade", salientan. Para a autora "recibir o Premio Xerais supón
cumprir un dos seños máis importantes" como escritora, "porque Xerais é o
meu fogar literario" e "porque é un premio xulgado por persoas que
len".
Ledicia Costas |
Edudardo Santiago |
A nómina de distincións da noite complétaa o gañador da sexta edición
do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, Eduardo Santiago, co seu
libro O Gran Reino, protagonizado por unha rapaza de catorce
anos "brillante nos estudos e cunha imaxinación portentosa" pero tamén
cun "exacerbado narcisismo e unha marcada competitividade" que "acaban
por condenala ao abandono por parte das súas amigas". "Ante esta
situación -resume o xurado- mergúllase na literatura de forma
compulsiva" ata chegar a un "afastamento da razón e a convicción de que o
reino de Margonia está agardando por ela". "As entradas e saídas neste
mundo fantástico concédenlles ás lectoras e lectores un respiro na
intensa narración dunha vida adolescente marcada pola anorexia, a
loucura e a falta de cariño", explican. Santiago escribiu o libro como
"reacción ao gran boom das novelas xuvenís de mundos paralelos"
e a idea xurdiu da súa filla, "unha auténtica fonte de inspiración para
min, que tamén estaba farta de ler sempre a mesma historia con
distintos personaxes".
Bragado reclama atención para o libro e a cultura
O acto de San Simón estivo agarimado polas verbas do tradutor Xavier Senín, mantedor literario da velada cun discurso titulado Agasallar palabras
no que lembrou as verbas de Verne sobre as augras da ría de Vigo,
"impregnadas de luz eléctrica". Senín aproveitou tamén a súa
intervención para lembrar os seus lectores máis queridos como
alentadores da lectura "como pracer e necesidade" que se atopa
especialmente ben reflectido nas librarías e "na casa dos libros, a
biblioteca, que acolle, integra, innova, aprende, descobre e todo iso
faino por medio de persoas que coñecen e aman os libros, como os
promotores da lectura".
Xavier Senín foi o mantedor literario da velada
O peche da festa anual de Xerais correspondeulle ao director da
editorial, Manuel Bragado. Ademais de agradecer o apoio de institucións e
empresas para a celebración dos premios Xerais do 2014 e parabenizar as
gañadoras e o gañador dos galardóns explicoulles aos presentes algúns
dos proxectos nos que traballa a editorial, especialmente no ámbito
dixital. Ao tempo, Bragado culminou o seu discurso reclamando unha
"maior atención para o mundo do libro e da cultura".