Barxas Emprende: creación dunha editorial
O proxecto "Barxas Emprende: creación
dunha editorial" foi seleccionado, de entre máis de 70 participantes,
como gañador do premio único de 8.000 € da Primeira Edición do concurso
"Proxecta Innovación", o obxectivo do cal é promover a renovación da
aprendizaxe nos centros educativos galegos.
"Barxas Emprende é un proxecto creativo e interdisciplinar que consiste na creación dende cero dunha empresa editorial de libros infantís ilustrados realizados por alumnos. Para iso, o IES Ás Barxas prevé a participación doutros catro centros educativos e de 150 estudantes de 3º e 4º curso diso. Os libros producidos, que poderán ser utilizados en varias materias, implicarán a utilización de ferramentas de deseño gráfico e técnicas innovadoras de escritura, e estarán dispoñibles en galego, castelán e inglés.
Noraboa aos nosos EMPRENDEDORES!!!!
(Ver máis)
Nova na prensa: Faro de Vigo. Voz de Galicia