Esta festividade ten moito arraigo popular en Galiza. Artigo de Felipe Senén sobre o valor deste santo:
Houbo un tempo no que en ningunha casa
galega faltaba a imaxe do San Antoniño, co neno no colo e a azucena da
pureza na man. Escultura sobre o aparador, na mesiña de noite ou como
unha estampiña cravada na parede do cuarto. Esa difusión débese a que
boa parte da Historia de Galiza está tamén cosida coa dos franciscanos. (...).