Os diplomáticos de Monte Alto: a súa biografía
Non temos medo de Rodri Suárez
Sae á luz o libro Non temos medo. Historia oral dos Diplomáticos de Monte Alto, a primeira biografía que se fai pública dunha banda de rock en galego.
O
xornalista Rodri Suárez é o autor do libro, co selo de Nicetrip
Edición e xa á venta, que se presentou ao público mércores 28 de maio, na Sala Mardi Grass da Coruña. Usando decenas
de testemuñas, o texto relata a carreira da banda de rock “que
tronzou todos os tópicos submisos para liderar un movemento, o
Bravú, que supuxo un inédito estoupido popular e galego”.