Audiovisual do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz
Esta é unha película inspirada na
vida de Xosé María Díaz Castro e desenvolta nun obradoiro de literatura e
audiovisual do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, implicándose na súa
produción toda a comunidade educativa do centro. Foi lanzada ó mundo o
17 de maio de 2014, cando no Día das Letras Galegas adicáronse ós versos
no neno Pepe, o estudiante do Vilariño.
SINOPSE
Unha casa de aldea e un feixe de papeis desencadenan esta historia na que Iago, un rapaz de doce anos, descubrirá cousas sobre o seu avó que non coñecía e que sen dúbida, lle axudarán a entendelo mellor, a el e ó seu tempo. Unha viaxe ó longo de case un século de vivencias nas que a poesía e a imaxinación cobran un especial protagonismo para recrear as emocións dun tempo pasado que recibe a mellor homenaxe de todas: ser recordado.