14.5.14

Encontro de Pedro Feijoo na biblioteca do IES Elviña para falar sobre "Os fillos do mar"

Organizado polos clubes de lectura dos IES Monte Neme (Carballo), Urbano Lugrís  e Elviña (A Coruña)
 
O 15 de maio Pedro Feijoo deixounos un exemplo de compromiso co país e coa literatura.
O alumnado destes tres centros difrutaron de hora e media de  boa literatura e boa conversa. Ademais puideron observar, tocar e mesmo ler os cadernos nos que o noso escritor redacta unha primeira feitura dos textos e mesmo tiveron a ocasión de ler e ver un caderno con textos da nova novela que está a elaborar.
Foi todo un acontecemento que seguro quedará na retina de todos os que estivemos na biblioteca.