A CGENDL convoca un ano máis o Premio Leixaprén de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega,
unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de
Normalización Lingüística dos centros de ensino adscritos á CGENDL.
Nas bases que podedes consultar na páxina web establécese
que os destinatarios do premio serán persoas, entidades ou institucións
que se caractericen por unha defensa activa da lingua galega en
diferentes ámbitos de actuación. As candidaturas seleccionadas nesta
edición son:
- Fernando Vázquez
- María Xosé Silvar “Sés”
- María Mera
- Esther García del Barrio