A celebración, adicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha
Feira na que cada Centro, cada profesor, cada grupo de alumnos pode
expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades
entre as que considere oportuno.
Por razóns de organización e de calendario, este ano a VIII FEIRA MATEMÁTICA celebrarémola o 26 de abril, sábado, no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 19 h.
Ademais do tradicional concurso de Fotografía Matemática que
convocábamos todos estes anos, na presente edición da Feira convocamos
tamén un concurso de ESOPÍAS e outro de MATMONÓLOGOS, para o que
contamos coa colaboración da Fundación Barrié e toda a información dos
tres concursos, así como o envío de materiais e a votación do público,
farase a través dun blog ao que se pode acceder no seguinte enderezo: http://mateblog.educabarrie.org/
Contamos coa vosa participación para ir enchendo isto, que quere ser un espacio de comunicación con todos vós. Animádevos e non esquezades
que contamos con todos vós, cos vosos traballos e colaboracións para
poder levar adiante esta actividade que consideramos ambiciosa dabondo
pero que paga a pena.
Por todo isto, dende xa, esperamos as vosas aportacións para que a Feira sexa unha realidade.
Conforme avancemos no tempo, iremos colocando nesta web as novas que
teñamos e as informacións que vos poidan ser de utilidade, tanto para
participar como 'visitantes' ou como 'comerciantes'.
Quedades, polo tanto, convidados todas e todos a participar o 26 de abril de 2014, na