5.4.14

No me le enseñan nada

Reflexión do xornalista Xosé Manuel Pereiro sobre avaliación do sistema educativo
(informe PISA)

http://www.laopinioncoruna.es/opinion/2014/04/05/le-ensenan/828555.htmlUnha amiga miña viviu un tempo de "vender" enciclopedias polas casas, equipada cunha lista dos alumnos e alumnas que ían máis mal que ben nuns colexios (lista que ela non sabía como a conseguiran na empresa, pero supoñíao). Presentábase como unha licenciada -que o era- que pretendía analizar os coñecementos da criatura. Confrontada coa amolada criatura, preguntáballe pola lonxitude do río Missouri, con ou sen o Mississipii. Silencio. Nova pregunta: a altura da pirámide de Keops. Silencio aínda máis espeso, mentres o rapaz se encollía no asento. Non pasaba da terceira pregunta -"Data da toma de Xerusalén por Saladino?"- e do terceiro silencio cando os pais -normalmente a nai- do alumno estoupaban: "burro, para iso teu pai e eu nos matamos a traballar, para que non aprendas nada!". Era o momento da miña amiga. "No se preocupe señora, no es culpa del niño. En esta enciclopedia vienen todas estas respuestas, ¿ve? Tiene su precio, pero muy inferior a su valor..."