10.4.14

Alba María gaña o I Certame de Canción de Autor en Galego

Vinte e tres artistas se presentaron á convocatoria do concello de Teo 

O Certame de Canción de Autor en Galego, que convocou este ano por vez primeira o Concello de Teo, xa ten gañadora. Alba María impúxose aos outro sete finalistas e poderá gravar un disco de oito temas. Ademais, o público seleccionou Nastasia Zürcher para o accésit a mellor artista e o seu tema Voar para o de canción máis orixinal. En total foron 23 os aspirantes que se presentaron a un certame no que o xurado destacou a variedade das propostas e a alta calidade dos candidatos.