14.3.14

Nin Sangenjo nin Orense son formas lexítimas

A voltas coa toponimia

En libros escolares en castelán que se estudan en Galicia e en España, por desgraza, é habitual vermos topónimos galegos coa forma castelanizada, como ocorre con La Coruña para indicar a cidade onde naceu a escritora Emilia Pardo Bazán. Nas últimas semanas, en telexornais e noutros programas das TV estatais, cando se informaba dos efectos dos fortes temporais no litoral e no interior de Galicia, víanse nas pantallas ou escoitábanse topónimos castelanizados como La Coruña, La Guardia, El Cebrero, Orense, Ginzo de Limia ou Arosa (para se referir á ría), no canto das formas correctas e lexítimas A Coruña, A Guarda, O Cebreiro, Ourense, Xinzo de Limia e Arousa, feito que ProLingua recentemente denunciou nun comunicado (...).