A gastronomía está na moda e as editoriais entran tamén na cociña.
Coleccións especiais, receitarios, literatura de fogóns... o catálogo
aumenta con novos e variados ingredientes. Todo un amplo menú para
cociñar con libros a man. A literatura fixo tamén boa maridaxe coa
cociña en nomes como Cunqueiro, Helena Villar, Fina Casalderrey ou
Rodríguez Baixeras.