27.3.14

As do peixe

Teatro no Rosalía de Castro o 28 e 29 de marzo

Unha viaxe a través da memoria.
Unha crónica das mulleres traballadoras da conserva basada en testimonios reais.
Catro mulleres, Conchi, Begoña, Lisa e Tere, reúnense periodicamente nun espazo público adicado á memoria das conserveiras. Aquí tratan de recordar o seu pasado laboral e o de tantas mulleres que, despois de que a fábrica de conservas máis importante da zona pechara, despois de moitas loitas e desenganos, víronse sen traballo e sen posibilidades reais de volver a recuperalo. A súa historia é a demoitas outras mulleres das viñas mariñeiras que se quedaron sen traballo, ensinanos unha realidade: a caída dunha economía e dunha forma de vivir. 
Esta viaxe cara o pasado supón aínda máis para elas, xa que a recuperación na súa memoria dos momentos claves dos anos vividos na fábrica, irán intimitante unidos as súas propias biografías. As súas vidas e á de moitas mulleres pasarán por diante delas, facéndolles revivir un pasado que agora mesmo parece moito mellor do que foi e enfróntanse a un presente cheo de incertidume.

con Susana Dans, Mónica Caamaño, Casilda Alfaro, Rocío González
guión Cándido Pazó
Dirección: Cristina Dominguez de Pena