6.3.14

Angrois o AVE en anacos

Unha reportaxe do xornalista David Reinero
 
David Reinero dá conta dos avatares do AVE galego, construído a anacos durante máis dunha década, e reconstrúe o accidente ferroviario da Grandeira. Co pano de fondo da traxedia do Alvia, repara no reparto de papeis de viláns e heroes, na investigación do xuíz Aláez e ofrécenos unha precisa reportaxe para crebar o silencio que teima por imporse; silencio que, como apunta, “é o último que desexa, aínda que a lembranza doa, a maioría das vítimas de Angrois, sexa porque queiran saber o que algúns poidan calar ou porque non queiran que a súa traxedia caia no esquecemento”.



David Reinero (Nigrán, 1979). Xornalista especializado en política e infraestruturas, traballa para El País logo de pasar por Xornal de Galicia, o departamento de comunicación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e Atlántico Diario. Ten colaborado con outros medios de comunicación así como co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM).