24.2.14

É 24 de febreiro, #EuRosalía

Nunha trintena de concellos do país hoxe é oficialmente o Día de Rosalía. Non o é en Galicia enteira porque foi vetado no Parlamento no ano 2012. Así e todo, tanto onde é oficial como onde non o é neste 24 de febreiro unha morea de actividades lembrarán e reivindicarán a figura de Rosalía de Castro en todas as súas vertentes, dende a máis puramente literaria ata a máis feminista e política.